San Miguel de Siador é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2009 tiña 146 habitantes (78 mulleres e 68 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes. Segundo o IGE, en 2023 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres). Nesta parroquia celébranse anualmente a Romaría do Rapaz e a romaría da Saleta.

Historia A parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais. É coñecida por atoparse nela o primeiro santuario de España de advocación mariana na honra da Nosa Señora da Virxe da Saleta creado en 1863, que cada 19 de setembro convoca milleiros de peregrinos. Recentemente creouse tamén un Centro Espiritual Saletino rexentado por misioneiros da orde.

Veciños ilustres En Siador naceron o alcalde republicano de Silleda Emilio Alonso Paz; Benito Rivas Rodríguez, que foi xuíz municipal, e o seu fillo, Benito Rivas Fondevila, alcalde de Silleda entre 1971 e 1973; e Francisco María Rivas Taboada, fundador e benfeitor da Saleta, o seu fillo Elías Vicente Rivas Martínez e o fillo deste, Narciso Rivas Martínez, os dous últimos avogados.

Patrimonio Existen varios castros nos termos desta parroquia, como o castro do Marco e o castro de Cartimil,así como outros restos arqueolóxicos: as mámoas de Montedas e Gandaracha e os petróglifos da Peneda do Encanto. Destaca o Pazo de Sestelo, propiedade da familia Rivas.

Sobreira de Siador miniatura|Sobreira de Siador, Penadagra, Silleda. A sobreira de Siador, situada no lugar de Penadagra, ten unha idade estimada de 500 anos. Está integrada no Catálogo de árbores senlleiras por resolución de 1 de xuño de 2009 da Dirección Xeral da Conservación da Natureza da Consellaría do Medio Rural previo expediente iniciado polo Concello de Silleda.

En Silleda, no lugar da Baleira, había unha pequena industria dedicada aos tapóns e aos produtos de cortiza chamada As Hermitas, que abastecía a fabricantes de viños, licores e panais de abellas. Segundo o Catastro de Ensenada, as colmeas existentes en Galiza a mediados do século XVIII eran preto de 370.000. Baleira tiña unha feira quincenal do viño, na ruta dos arrieiros que transportaban viño do Ribeiro para os mercados de Santiago, da Coruña e das comarcas próximas. miniatura|Indicador da sobreira de Siador, en Silleda. Descrición

Altura: 15,5 m. Perímetro de copa: 21,9 m. Perímetro: 7,7 m. Idade estimada: 500 anos. Código do Catálogo: 138A

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Siador

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Siador na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel