Santa Mariña de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 742 habitantes (371 mulleres e 371 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 700 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 816 habitantes, sendo 398 homes e 418 mulleres.

Historia A parroquia, situada á beira do río Miño, aparece documentada en 1112, na doazón deste lugar á igrexa de Tui por parte da raíña dona Orraca. En 1095 aparece documentado o lugar de Anta.

A súa igrexa parroquial foi reedificada no século XIX. O pazo da Bouza Valada, reconstruído en 1790 segundo unha inscrición na súa entrada, conta cunha ermida adicada á Nosa Señora das Marabillas.

Na parroquia atópase o viveiro forestal fundado en 1906 polo enxeñeiro de montes Rafael Areses, que conta cun amplo patrimonio botánico con numerosas especies arbóreas.

División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.

Lugares de Areas

Parroquias de Tui

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tui

Categoría:Parroquias de Tui Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña