Santiago de Malvas é unha parroquia que se localiza no concello de Tui na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE en 2014 tiña 407 habitantes (189 homes e 218 mulleres), 25 máis que en 2004 (199 mulleres e 183 homes segundo o padrón municipal) e 33 máis que en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Patrimonio e historia
A igrexa parroquial data do século XVIII e conto co brasón de Troncoso de Lira, xa que era un beneficiado vinculado a casa da Picoña. Por Malvas transcorría o antigo camiño de Tui a Baiona, que enlazaba nesta parroquia co camiño xacobeo que viña dende O Hospital e Taborda.
División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Malvas
Parroquias de Tui
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Tui
Categoría:Parroquias de Tui Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior