Santa Comba de Ribadelouro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 946 habitantes (515 mulleres e 431 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 976 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 832 habitantes, sendo 381 homes e 451 mulleres.

Xeografía A parroquia está situada entre as ladeiras orientais da Serra do Galiñeiro e do Monte Aloia e o Río Louro. Alcanza a súa altura máxima nos 500 metros sobre o nivel do mar na Costa da Oia..

Na zona montañosa da parroquia hai varias covas graníticas. Entre elas está a Cova da Trapa, a segunda máis grande de Europa deste tipo, con máis dun quilómetro de galerías e cun río de 250 metros de longo.

División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.

Historia Nesta parroquia son numerosos os achados arqueolóxicos prehistóricos. A primeira referencia histórica á parroquia é dun documento do ano 1112, no que se cita a esta parroquia polo nome da súa santa titular, Santa Comba. A actual igrexa parroquial foi construída no ano 1827.

Folclore De acordo coas lendas locais, San Telmo faleceu na parroquia, no lugar coñecido como Ponte das Febres..

Deporte A parroquia conta cun equipo de fútbol, o C. D. Ribadelouro, que actualmente xoga na Terceira Autonómica de Galicia.

Lugares e parroquias Lugares de Ribadelouro

Parroquias de Tui

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Tui

Categoría:Parroquias de Tui Categoría:Localidades do Camiño Portugués Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Comba