San Pedro de Añobre é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2009 tiña 107 habitantes (62 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 1999 cando posuía 136 habitantes.
Historia Ata principios do século XII Añobre era un lugar de Camanzo, pero Xelmírez elevouno a freguesía anexa en agradecemento polas atencións recibidas dos veciños durante o tempo que a raíña Dona Orraca o tivo prisioneiro no castelo de Cira.
No ano 2007, Añobre sufriu unha modificación con respecto ás demais parroquias do seu arredor, dado que diminuíu o seu territorio, quedando a parroquia máis reducida.
Festas Ten como patrón a San Pedro, pero tamén se dedica unha romaría a Santa Rita, o 22 de maio. Manda a tradición que os devotos da santa fagan garda de honra á súa imaxe durante toda a noite anterior á festa. Outra romaría tradicional era a de San Ramón, que agora celébrase no marco fluvial das Ínsuas, en Gres, o 31 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Añobre
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Ligazóns externas Añobre na web do concello de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro