Santa María de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 35 habitantes (18 mulleres e 17 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes.
Xeografía A parroquia, na confluencia do río Arnego co Ulla, viu moi reducido o seu territorio polas augas do encoro de Portodemouros, pero segue aproveitando o chan non inundado para pasteiros e diversos cultivos.
Historia O nome de Arnego recibiuno do río homónimo (Ernegum e Arnecum nos textos antigos). O primeiro asentamento estaba no veciño castro chamado Coto do Vixián; un apelativo que parece referirse á súa utilización como posto de vixilancia sobre os camiños do val e o curso de ambos ríos.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María só mostra algúns vestixios da súa primitiva fábrica románica, xa que sufriu varias reformas.
A "Casa grande dos Mella", ou pazo de Fontarcada, conserva as súas dimensións fidalgas: balcón e cheminea, pedra de armas e galería, moi deteriorados. Da capela só quedan en pé as paredes.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Arnego
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María