Santa Mariña de Bascuas é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 114 habitantes (57 mulleres e 57 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Xeografía Cruza a parroquia o regato Breixa, que trae desde Carbia as súas augas ao río Deza.

Patrimonio A igrexa parroquial foi reconstruída en boa parte a finais do século XVIII. Na arquitectura civil destacan a Casa de Brandariz, unha casa fidalga rica pero que se arruinou logo das lei de redención dos foros, e a Casa dos Cregos, que foi restaurada como albergue de turismo rural.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Bascuas

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña