San Mamede de Bodaño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2009 tiña 162 habitantes (85 mulleres e 77 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Historia A parroquia figura como "Castro Bodaño" nunha doazón ao mosteiro de Sobrado en 959. En 1159 foi incorporada por Fernando II ao coto de Carboeiro.
Patrimonio Igrexa de San Mamede de Bodaño, conserva restos da súa fábrica románica. Muíños da Eirexe, tres muíños que aproveitan a mesma auga situados na canle do regato do Chirlo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bodaño
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede