San Pedro de Cumeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 221 habitantes (110 mulleres e 111 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.
Nesta parroquia naceu o xornalista e escritor Alfredo García Ramos. Patrimonio Castro de Cumeiro, descrito por Florentino Cuevillas, hoxe practicamente destruído. A igrexa de San Pedro de Cumeiro foi construída en 1782 polos señores da Casa de Altamira como capela maior. No interior hai dous sepulcros con inscrición ilexible. Casa de Altamira, cos principais elementos do terreo fidalgo: capela, cheminea, pombal e ciprés. A capela está acaroada á casa e coroada por unha espadana barroca, ten escudo de armas e unha inscrición co nome do construtor: "Hizo esta capilla D. Gregorio Francisco de Ponte y Monterroso, cura de Cumeiro y anexos. Año de 1777". Cruceiro de Riocabo, que marca o antigo camiño de ferradura que levaba a Santiago de Compostela.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cumeiro
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Ligazóns externas Cumeiro na web do concello de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro