San Tomé de Obra é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 93 habitantes (51 mulleres e 42 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.
Xeografía A parroquia ocupa unha península rodeada polo río Ulla, que salva aquí unha ponte de recente construción, e a antiga ponte recentemente restaurada para o uso peonil
Patrimonio Denominada Ouria nos documentos medievais, a comezos do século XII o arcebispo Xelmírez propiciou a construción da igrexa parroquial, que se pode supoñer de factura románica, aínda que o templo actual non conserva nada da súa fábrica primitiva.
Na insua da Peregrina creouse a area recreativa de Remesquide.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Obra
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Ligazóns externas Obra na web do concello de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé