San Pedro de Losón é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (69 mulleres e 62 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 102 habitantes, sendo 53 homes e 49 mulleres.
Xeografía O río Deza separa esta parroquia das de Ponte, coa Ponte do Pozo Negro entre ambas, e Saídres, en Trasdeza. Destaca como elevación o monte do Oucido na parte sur da parroquia, atravesado na actualidade mediante un túnel pola liña de alta velocidade Santiago-Ourense.
Historia A súa historia está ligada á das súas parroquias veciñas: Fontao en Vila de Cruces, Losón en Lalín, Ponte e Saídres, estas últimas no concello de Silleda. Coa súa homónima lalinense foron frecuentes as disputas e rivalidades no tocante ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño, no linde entre ambas. Para Saídres e Fontao, esta parroquia foi unha vía de escape para os estraperlistas do volframio. Por último, a unión con Ponte dase dende a Idade Media grazas á construción dunha ponte sobre o río Deza, que as separa e dá nome á primeira. Desta unión queda constancia no topónimo dos terreos próximos a onde esta ponte se erixía.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Pedro de Losón
Parroquias de Vila de Cruces
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces
Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro