Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.455 habitantes (732 homes e 723 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

O peirao de Santradán é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Patrimonio A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.

Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados. A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas. miniatura|275px|O entroido en Cobres é festa de interese turístico de Galicia O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santo Adrán de Cobres

Parroquias de Vilaboa

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Miticultura Lugares de Vilaboa

Categoría:Parroquias de Vilaboa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrán