Santiago do Carril é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo datos do IGE, tiña 3.151 habitantes no ano 2025, dos que 1.629 eran mulleres e 1.512 homes, o que representa un descenso respecto ó ano 2016, cando tiña 3.236 veciños, pero un aumento respecto a 2010, cando eran 3.086.A parroquia de Santiago do Carril aparece por duplicado nos censos do IGE, como se fosen dúas parroquias distintas con códigos diferentes (3 e 13) e lugares diferentes. As cifras de poboación que se achegan son o resultado da suma de ámbalas parroquias (1.959 unha e 1.192 a outra).
miniatura|Igrexa de Santiago do Carril. miniatura|Adán e Eva ó pé do cruceiro da igrexa de Santiago do Carril. miniatura|O Carril no extremo dun plano de 1751. miniatura|Capela de San Roque.
Toponimia O topónimo «Carril» faría referencia, segundo as Memorias del Arzobispado de Santiago de Jerónimo del Hoyo, ao carril realizado polos carros dos labregos onda o cal se fundou a poboación. Historia
O Carril foi concello de seu até 1913, cando se integrou no concello de Vilagarcía de Arousa.
O 15 de setembro de 1873 inaugurouse o primeiro ferrocarril de Galiza, entre esta localidade e Cornes (Conxo). Festas e gastronomía Esta localidade é famosa pola calidade das súas ameixas. Unha das actividades económicas máis destacadas é o marisqueo, especialmente de ameixas e berberechos. No mes de agosto celébrase a festa da ameixa do Carril. Os festexos relixiosos da parroquia son a Festa do Carme (16 de xullo), O Apóstolo (25 de xullo), San Fidel (seguinte domingo ó Apóstolo) e a romaría de San Roque (mediados de agosto). A primeira fin de semana de setembro ten lugar o festival Ameixa Rock.
Carril na literatura popular Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 190. No texto: Vilaxohán, lle deran..
Lugares e parroquias Lugares do Carril
Parroquias de Vilagarcía de Arousa
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Vilagarcía de Arousa Estación do Carril
Categoría:Parroquias de Vilagarcía de Arousa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía