A estación de Calahorra é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Calahorra, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 27,7 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 324 metros de altitude.Calahorra (Apt.) Euroferroviarios
Historia A estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857. En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.Historia do Tudela-Bilbao AFERioja En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación Sitúase ao nordés do núcleo urbano. O seu edificio para viaxeiros, que non conserva o seu deseño orixinal é de base rectangular e dúas alturas. Está construído con ladrillo visto e dispón dunha marquesiña metálica encostada cubrindo parcialmente a plataforma principal. Dispón de catro vías numeradas como vías 1, 2, 3, e 5.Ficha técnica Adif Todas dispoñen de acceso a plataforma, ben a través da plataforma lateral ben a través da plataforma central a cal dispón dunha marquesiña metálica para protexer aos viaxeiros. Os cambios dun a outro realízanse a nivel.
Ten sala de espera, venda de billetes, aseos, alugueiro de coches, servizos bancarios, servizos postais e servizos adaptados ás persoas con discapacidade. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 6 de xullo de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra Logroño 6 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Media distancia Actualizados a 6 de xullo de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 22 MDRexional Exprés Zaragoza-Delicias LogroñoSalamanca
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Adif
Calahorra Categoría:Calahorra