Santiago de Amoexa é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (46 mulleres e 42 homes), 23 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Amoexa, tamén pronunciado Amonxa, é un hidrónimo con base na raíz indoeuropea *am-.

Xeografía Situada ao sur do concello. Ten medianas explotacións leiteiras e como importantes extensións de terreo dedicadas ao cultivo de castiñeiros novos. Patrimonio A igrexa de Santiago de Amoexa data de finais do século XII. Ten unha nave rectangular e ábsida semicircular. Presenta canzorros laterais con motivos xeométricos. Ao carón da nave principal ten un amplo cuberto soportado por tres piares de cantería asentados nun baixo valado. Na ábsida sobresae a fiestra en arco de medio punto, con arquivolta que descansa nun par de columnas acodilladas. Os capiteis desas columnas están laboriosamente decorados.

Festas Celebra as festas patronais dedicadas á Virxe do Rosario.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Amoexa

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Parroquias de Antas de Ulla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior