Retrato de Diego de Covarrubias y Leiva é unha pintura ó óleo sobre táboa do pintor manierista El Greco (1541-1614). Foi pintado en 1600, ten unhas dimensións de 68 cm x 57 cm e está exposto no Museo de El Greco de Toledo.

Características A produción de retratos foi unha das achegas máis importantes de El Greco tras a súa aprendizaxe en Venecia e Roma. Destacan os seus retratos de medio corpo ou busto sobre un fondo indefinido.

Posiblemente El Greco non coñecese en persoa o teólogo Diego de Covarrubias, xa que este morreu no mesmo ano en que o pintor chegou a Toledo, mais pintou este retrato seu a partir do realizado ao natural por Alonso Sánchez Coello en 1574.

No cadro destaca a serenidade contida do retratado, que ocupou altos cargos da xerarquía eclesiástica. Na parte central aparece a figura masculina. Leva unha cruz pectoral, suxeita por unha cinta branca á altura do peito. Este pectoral de ouro e esmeraldas, en forma de cruz latina, é un símbolo da dignidade, propio dos bispos.

En 1599-1600, El Greco pintou tamén o retrato do seu irmán Antonio de Covarrubias, sendo o pendant deste cadro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Marías, Fernando (2013): El Greco. Historia de un pintor extravagante. Ed. Nerea. ISBN 978-84-15042-65-5

Categoría:Obras pictóricas de 1600 Categoría:Obras pictóricas de El Greco Categoría:Maneirismo Categoría:Retratos