A gaivota arxéntea americana (Larus smithsonianus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características Antigamente considerábase a mesma especie que a gaivota arxéntea. Debido ás diferenzas de plumaxe no primeiro ano e ás pequenas diferenzas xenéticas fixeron considerala unha especie diferente. Os adultos son case indistinguíbeis dos adultos da arxéntea. Unicamente o tamaño lixeiramente menor e os tons máis claros das ás e das patas da Larus smithsonianus, permiten diferenciar ambas especies. Porén os xuvenís de primeiro ano son moi diferentes. Xa que presentan unha plumaxe case completamente negra que os diferenza dos xuvenís da arxéntea, moito máis claros.

Distribución Moi estendida por toda Norteamérica. É unha especie divagante en Europa, con moitas citas nas Illas Británicas e en Francia, mais é unha rareza no resto do continente.

Notas

Larus smithsonianus