Santiago de Covas é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 105 habitantes, sendo 52 homes e 53 mulleres.

Patrimonio A Ponte de Covas atópase no lugar homónimo sobre o río Neira. É unha ponte de cadeirao granítico e con tres arcos dos que o máis grande é o central, semicircular con quince metros de luz. A súa orixe é incerta, posiblemente románica.

Lugares e parroquias Lugares de Covas

Parroquias de Baralla

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baralla

Notas

Categoría:Parroquias de Baralla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior