Sisto I,Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. chamado logo san Sisto, nado probablemente en Roma e morto talvez na mesma cidade en 126, foi bispo cristián de Roma entre o 113 e o 126Donald Attwater. A Dictionary of the Popes, The Catholic Book Club, Londres, 1939..
Vida e pontificado Como na maior parte dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida e do seu labor profesional, e os feitos que se lle atribúen son a miúdo dubidosos. Crese que procedía dunha familia da Elvidia (Grecia), e o Liber pontificalis di que sistematizou algúns ritos prohibindo que os obxectos sagrados fosen tocados por persoas que non fosen ministros oficiados. Tamén se lle atribúe o triplo canto do Sanctus na misa, a norma de que os bispos que van a Roma deben regresar ás súas dioceses cunha misiva de comuñón co papa, e unhas epístolas apócrifas sobre a doutrina da Trindade.
Durante o seu pontificado comezan a rexistrarse as primeiras diferenzas entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa de Oriente, por cuestións do calendario de celebración da Pascua.
Morte e santidade Como todos os papas que o foron antes da emisión do Edicto de Milán, é considerado santo. Ademais, a Igrexa teno por mártir e venérao o 6 de abril a canda os outros papas santos co mesmo nome Sisto II e Sisto III, se ben non está probado que fose asasinado polas súas crenzas.
Foi soterrado no Vaticano por mandato de Pascual I. As súas reliquias atoparíanse pois neste templo, e mais nas catedrais de Alatri e de Alife, dúas vilas do interior de Italia, ata onde serían levadas na Idade Media.
Parroquias galegas Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Sisto.
Notas
Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en 42 Categoría:Finados en 126