miniatura|Papa Telesforo. Telesforo, nado probablemente en Terranova da Sibari e finado seguramente en Roma en 136, foi bispo cristián de Roma entre 126 e 136Donald Attwater. A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club, Londres, 1939 ou quizais 138.Annuario Pontificio, edición de 2003
Vida e pontificado Aínda que, como ao resto dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida, crese que a súa familia era grega, e que antes de chegar a Roma viviu como ermitán en diversos lugares, entre eles o Monte Carmelo e por iso é recoñecido pola Orde carmelita entre os seus santos. Debeu comezar como papa en tempos de Hadrián e rematar baixo o imperio de Antonino Pío.
O Liber pontificalis afirma que Teléforo foi o instituidor da misa do galo na medianoite do Nadal, que compuxo o canto Gloria in excelsis Deo, que fixou que a Pascua tiña que celebrarse en domingo e que ademais implantou as normas sobre o xaxún na Coresma. Debeu combater as herexías gnósticas.
Morte e santidade Como todos os papas romanos anteriores ao Edicto de Milán foi considerado santo. Telesforo é o primeiro que no catálogo papal elaborado por Ireneu de Lión aparece sinalado como mártir, feito que despois repite Eusebio de Cesarea, pero é moi posíbel que se producise unha confusión entre el e outro romano de nome Telesforo asasinado nas persecucións alentadas polo emperador romano Hadrián. Foi soterrado na Basílica de San Pedro.
O seu martirio celébrao a igrexa católica o 5 de xaneiro e a igrexa ortodoxa o 22 de febreiro.
Parroquias galegas Non hai ningunha parroquia galega baixo a advocación de san Telesforo.
Notas
Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 136