Ana Vanesa Rial López, nada en Boiro o 1 de marzo de 1982,Ana Vanesa Rial López Comité Olímpico Español. é unha antiga xogadora de rugby e unha adestradora galega, que foi olímpica no Río 2016.
Traxectoria Estudou ciencias do deporte na Universidade da Coruña, e traballa como profesora de educación física no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.
Xogadora de balonmán na mocidade, contactou co rugbi nos anos universitarios. Como xogadora, pertenceu ao CRAT da Coruña, campioa de España en 2015,"Lete Lasa recibe aos deportistas coruñeses campións de España…" Xunta de Galicia, 6/4/2016. e internacional coa Selección feminina de España. Participou nos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro do ano 2016."Billete a Río 16 para Vanesa Rial y Paula Medín en rugby a 7" El Correo Gallego, 27/6/2016 ."Vanesa Rial e Paula Medín farán historia nos Xogos do Río" TVG, 20/7/2016.
En 2017 participou no Mundial de Rugby, pero unha lesión puxo fin á súa carreira deportiva como xogadora.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016 Ligazóns externas Lista nominal Equipo Olímpico Español Río 2016 COE
Categoría:Xogadores de rugby de Galicia Categoría:Xogadores da selección de rugby de España Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1982 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Xogadores de rugby a 7 olímpicos de Galicia Categoría:Xogadores de rugby a 7 nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadoras do CRAT