Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

No 354, estableceu o nacemento de Xesús no 25 de decembro.

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Liberio e o arianismo

O pontificado de Liberio sitúase nun período no cal o dogma da Igrexa oficial, tal como fora fixado polo Primeiro Concilio de Nicea, era contestado con forza polos partidarios do arianismo. O emperador Constancio II apoiaba a estes últimos e mesmo desterrou o patriarca Atanasio de Alexandría, vigoroso defensor do concilio niceano. Constancio obtivo, nos concilios de Arlés e de Milán, o apoio da maioría dos bispos occidentais. Mais unha parte deles, con todo, indignouse. Este foi o caso do papa Liberio, a quen Constancio forzou ao exilio en Beroea, Tracia, en 355.

Constancio levantou esa medida tres anos máis tarde, en 358, podendo Liberio regresar a Roma.

Numerosos historiadores antigos e modernos suxiren que Liberio asinara unha das fórmulas do Sínodo de Sirmium, condenando a san Atanasio, e en parte dando satisfacción aos arianos. Consideran que Liberio obrou por debilidade e non por convicción. Esta tese sostense en escritos contemporáneos, especialmente os do mesmo san Atanasio, é tamén nos de Edward Gibbon.

Segundo a tese contraria, Constancio liberaría ao papa cedendo ás presións do pobo romano.

Notas

Categoría:Papas Categoría:Finados en 366 Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas