Elafonisi ( "illa dos cervos") é unha illa situada preto da esquina suroeste da illa de Creta no Mediterráneo, da que forma parte administrativamente, na unidade rexional de Chania. Cando o tempo permíteo, é posible camiñar ata a illa a través das augas pouco profundas. A illa é unha reserva natural protexida. miniatura|left | Praia de Elafonisi
Guerra de Independencia grega No punto máis alto da illa hai unha placa que conmemora un tráxico acontecemento. O Domingo de Pascua do 24 de abril de 1824 varios centos de gregos, na súa maioría mulleres e nenos, foron asesinados en Elafonisi por soldados otománs. Para evitar o avance das tropas turcas otomás, corenta homes armados refuxiáronse na illa con mulleres, nenos e vellos na espera dun barco para levalos ás Illas Xónicas. Os soldados otománs decidiran acampar na praia fronte á illa. Un dos seus cabalos camiñou ao longo das augas pouco profundas da illa e as persoas que se escondían na illa foron descubertas. Segundo varias fontes había entre 640 e 850 persoas en total, a maioría das cales foron asasinados e os sobreviventes foron vendidos como escravos en Exipto.Website of local Kissamos, Mythymna and Inachorio (Greek)(en grego)Alan Hall: Walking in Western Crete: 45 walks in Kissamos and Selinos, S.200 (English)
Naufraxio do Imperatrix Unha gran cruz de madeira conmemora o naufraxio do 22 de febreiro de 1907. Tratábase dun vapor de pasaxeiros da Österreichischer Lloyd, chamado o Imperatrix. Debido aos fortes ventos do noroeste 38 persoas morreron nun bote salvavidas que tratou de chegar á beira. Todos eles foron enterrados na illa. O Imperatrix aínda se atopa no fondo do mar fronte aos cantís da illa e foi a razón pola que se construíu un faro nun outeiro da illa.Imperatrix – The Wreck (Inglés)
O faro foi destruído durante a segunda guerra mundial polas tropas de ocupación alemás.Kissamoslive (clubs.pathfinder.gr) (Grego)
miniatura|illa de Elafonisi na distancia desde a costa de Creta
Referencias
Véxase tamén
Outras illas gregas
Ligazóns externas Municipality description Chania rent a car description
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia