A boa arco da vellaLuís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 629. ISBN 84-95335-45-X (Epicrates cenchria) é unha especie de boa terrestre distribuída por América Central e América do Sur. É chamada así polo resplandor iridescente do seu corpo cando está exposto á luz do sol.

Descrición Ten o dorso pardo-avermellado con manchas negras e o ventre amarelado. A súa dentición é áglifa e por tanto non é pezoñenta. Pode chegar a medir máis de 2 m de longo e vivir máis de 25 anos. É tímida e nocturna e vive en ríos, regatos, lagos e pantanos onde se alimenta de pequenos roedores, lagartos e aves. É unha especie vivípara.

A pesar de requirir unhas condicións de humidade e calor moi específicas, esta especie é bastante común, debido á súa beleza, no mercado dos animais de compaña. Durante os anos 80 e o comezo dos 90, eran exportadas en número considerable desde Suriname. Hoxe, polo contrario, poucas das que se ofrecen á venda proceden da exportación, e a maioría foron criadas en catividade.Brazilian Rainbow Boa en Smithsonian National Zoological Park. Consultado o 12 de novembro de 2008. esquerda|miniatura|Boa arco da vella mostrando o seu colorido. Distribución Esta especie encóntrase no Panamá, en Colombia, en Venezuela, en Trinidad e Tobago, Güiana, no Brasil, no Perú, en Bolivia, no Paraguai e na ArxentinaReptileDB especie|Epicrates|cenchria|(Linnaeus, 1758)|Consultado o 2 de maio de 2014. Taxonomía As subespecies distínguense entre si polas pintas na pel e pola rexión de orixe. É raro encontrar dúas especies no mesmo hábitat. Passos & Fernandes (2008) sostiveron que algunhas destas subespecies eran sinónimos e elevaron outras ao rango de especies.Passos & Fernandes (2008):Revision of the Epicrates cenchria Complex (Serpentes: Boidae). Herpetological Monographs, vol. 22, n°1, p. 1-30 (texto íntegro )..

E. c. alvarezi E. c. assisi E. c. barbouri E. c. cenchria E. c. crassus E. c. maurus E. c. polylepis

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Boidos boa constrictor

Categoría:Serpes Categoría:Animais descritos en 1758