Emma Lustres Gómez, nada no Grove en 1975 é unha produtora de cine galega.

Traxectoria No ano 2003 fundou na Coruña a empresa Vaca Films, na que traballa dende entón como produtora executiva. É a responsable da produción de títulos como O descoñecido, El Niño ou Cela 211 pola que gañou o Goya a mellor película no ano 2010.

O cine producido por Emma Lustres trata sempre de acadar boas cifras comerciais, traballando sobre todo xéneros como acción, o suspense e en menor medida a comedia. En febreiro de 2021 entrou a formar parte do consello de administración do Deportivo da Coruña, presidido por Antonio Couceiro.

Notas

Categoría:Produtores de cinema de Galicia Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1975