O Parque Natural das Dunas de Liencres atópase en Cantabria, sendo un dos maiores campos de dunas do litoral cantábrico.
Características O lugar ten unha importancia excepcional como lugar de estudo das dinámicas eólicas e pola presenza numerosa de restos fósiles da era do cuaternario. O parque natural atópase a só 10 km da cidade de Santander.
Flora Nas dunas a vexetación é escasa, mais dunha importancia vital xa que mantén estable as capas superficiais do terreo. Ademais moitas das especies son raras ou cunha distribución moi escasa. Nomear a acelga mariña, a Salsola kali ou a Xakile maritima. Tamén existe unha área extensa de piñeirais.
Fauna A fauna é salientábel nos pasos migratorios das aves (outono e primavera). As avocetas, carráns, pilros, os biluricos e as gabitas son especies frecuentes. Na zona de piñeirais é común a presenza do gabián eurasiático.
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.turismodecantabria.com/disfrutala/recursos-naturales/23-parque-natural-de-las-dunas-de-liencres
Dunas de Liencres, Parque Natural de