Nuno Treez foi un xograr galego cuxas cantigas forman parte do hipotético Cancioneiro de xograres galegos, polo que se pode deducir que é un xograr de profesión e tamén de orixe galega.

Traxectoria A súa obra relaciónase cunha ermida consagrada a San Clemente, en base a iso, estudosos como Ramón Menéndez Pidal sosteñen que era un xograr e sitúano nunha illa de Pontevedra de Bueu. Con todo, o profesor Xosé Luís Couceiro, apunta a que pode proceder do municipio coruñés de Narón, onde houbo unha ermida dedicada a San Clemente. o profesor Xabier Ron Fernández sostén que se trata dun xograr galego natural da localidade ourensá de Trez que aparece na documentación do mosteiro de Montederramo.   

As dúbidas sobre o apelido Treez O apelido deste xograr foi amplamente debatido e, aínda que o máis aceptado é Treez, hai outras opinións.

Obra De Nuno Treez coñécense catro cantigas, todas do subxénero de cantigas de romaría: «Des quando vos fostes daqui», «San Clemenço do mar», «Non vou eu a San Clemenço orar e faço gram razom» e «Estava-m' em San Clemenço, u fora fazer oraçom».

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas As cantigas trobadorescas galego-portuguesas.

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia