Turok é un videoxogo de tiros en primeira persoa desenvolvido por Propaganda Games, e publicado por Touchstone Games e Disney Interactive Studios, orixinalmente para PlayStation 3 e Xbox 360 en febreiro de 2008. Máis tarde foi adaptado para Microsoft Windows en abril de 2008. Unha secuela estaba prevista para a plataforma Xbox 360 pero foi cancelada antes de que o seu anuncio se fixese oficial.
O xogo está vagamente baseado na banda deseñada homónima e non está relacionado coa historia das anteriores edición do xogo. Os xogadores asumen o papel do manine espacial nativo americano Joseph Turok, que forma parte dun equipo enviado a un afastado planeta para capturar ó seu anterior comandante, o Xeneral Roland Kane, un buscado criminal de guerra. Despois de estrelarse contra o planeta, Turok descobre que é o fogar de toda clase de dinosauros, e debe loitar contra esas criaturas e contra os soldados de Kane para levar a cabo a súa misión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina en DMOZ.org Páxina en MobyGames
Categoría:Videoxogos de 2008 Categoría:Shooters en primeira persoa Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá