Jari Olavi Litmanen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Lahti, é un ex-futbolista finlandés, considerado o mellor futbolista finlandés de todos os tempos."Litmanen heads home" BBC News, 25 de maio de 2004 A AFS listouno como o 53º mellor futbolista de todos os tempos"Your Verdict: 100 greatest ever footballers" ESPN, 7 de novembro de 2007 e foi o capitán da selección finlandesa entre 1996 e 2008.

Traxectoria Primeiros anos Litmanen debutou con dezaseis anos en 1987 co Reipas na entón na máxima división (Mestaruussarja). En 1991 fichou polo principal club finlandés, o HJK, o primeiro equipo de Finlandia. Un ano máis tarde comprometeuse co MyPa, co que gañou a Copa Finlandia en xullo de 1992 ao vencer 2–0 ao FF Jaro na final que se disputou no Estadio Olímpico de Helsinqui, a súa actuación nese partido foi decisiva para que o comprase o Ajax.

Ajax miniatura|267x267px|Camisola de Jari Litmanen no Ajax. Museo do Deporte de Finlandia Malia outros clubs amosaren interese por contratalo, como o Barcelona, Leeds United ou o PSV Eindhoven, Litmanen fichou co Ajax. Na primeira tempada co equipo xogou pouco co primeiro equipo, permanecendo na reserva, ata que unha lesión de Dennis Bergkamp fixo que o adestrador Louis van Gaal lle dese unha oportunidade, que foi un éxito e van Gaal anunciou que sería o sucesor de Bergkamp tras saber que este ía marchar ao Inter de Milán. Levou, xa que logo, o 10 na camisola e logrou 26 goles na tempada 1993–94, converténdose no máximo goleador da liga. En 1993 votárono como o futbolista do ano.

Litmanen foi un dos xogadores estrela de equipo co que van Gaal gañou tres campionatos holandeses consecutivos e chegou ao final da Liga de Campións da UEFA dúas veces. Desde o inicio da tempada 1994–95 ata mediados da de 1995–96, o Ajax non perdeu encontro ningún tanto na Eredivisie (52 partidos) como na Liga de Campións da UEFA (19 partidos). Ao gañar o Ajax ao Milán na final de 1994–95, Litmanen converteuse no primeiro xogador finlandés en gañar a Copa Europea ou a Liga de Campións da UEFA. Na tempada 1995–96 foi o principal anotador da Liga de Campións con nove goles. En 1995 gañou a Copa Intercontinental contra o Grêmio e quedou segundo na votación do Balón de Ouro.

Litmanen pasou sete anos en Ámsterdam, nos que gañou catro campionatos holandeses e tres Copas dos Países Baixos, conseguindo un total de 129 goles, deles 91 na liga. É o principal anotador dun club na competición europea con 26 puntos en 54 partidos. Nas últimas tempadas non puido xogar moitos dos partidos por lesións, en total nas seis tempadas faltou a 57 partidos dos 204 da liga, e nas últimas tres perdeu 7 dos 24 partidos europeos.

Barcelona Litmanen xuntouse a van Gaal no Barcelona, foi un dos moitos xogadores do Ajax que recrutou o entón adestrador do Barcelona porén a súa estada en Barcelona estivo marcada polas lesións"Surprise, surprise... Catalans in the Barajax side The Guardian 2 de abril de 2000 e foi un dos xogadores que van Gaal retirou do primeiro equipo nese inverno,"Van Gaal: My football philosophy" , fifa.com, 7 de xaneiro de 2008 así e todo continuou no club ata xaneiro de 2001 cando marchou ao Liverpool en transferencia libre.

Liverpool Litmanen iniciou ben o campionato co Liverpool mais rompeu o pulso nun partido de Finlandia contra Inglaterra en Anfield en marzo de 2001 e perdeu o resto da tempada. A pesar de ser parte do equipo que gañou a "tripla copa": Copa Worthington, FA Cup e Copa da UEFA en 2001, non puido xogar ningunha das tres finais por lesións. Na tempada seguinte xogou pouco, así e todo puntou contra o Tottenham Hotspur, Arsenal, Aston Villa e Fulham na Premier League e contra o Dynamo Kyiv, Roma e Bayer Leverkusen na Liga de Campións."Fixtures & Results 2001–2002" , myliverpoolfc.org En total marcou 9 goles en 43 partidos oficiais durante o tempo que pasou co Liverpool.

Volta ao Ajax Litmanen volveu ao Ajax e foi un dos xogadores que fixo posible chegar a cuartos de final na Liga de Campións de 2001-2003 pero a tempada seguinte pasouna en boa parte en branco polas lesións e na primavera de 2004 o club liberouno do seu contrato.

FC Lahti e Hansa Rostock Litmanen volveu a Finlandia para xogar co Lahti mais en xaneiro de 2005 pasou á Bundesliga xogando co Hansa Rostock, no entanto foi incapaz de evitar que o club perdese a categoría.

Malmö FF Litmanen pasou ao club sueco Malmö FF en xullo de 2005 como reforzo para chegar á Liga de Campións pero non puido ser, e Litmanen pasou case todo o outono lesionado, xogando só uns poucos partidos.

Fulham Fichou co Fulham o 31 de xaneiro de 2008 canda o seu compatriota Toni Kallio,"Litmanen joins Fulham", fulhamfc.com, 31 de xaneiro de 2008 secasí poucas semanas despois volveu a Finlandia por problemas cardíacos,"Litmanen back training", fulhamfc.com, 23 de febreiro de 2008. e non debutou co equipo ata o 31 de marzo de 2008 nun encontro de reservas co Tottenham, mais o equipo liberouno en maio sen xogar un só encontro co primeiro equipo."Bocanegra heads Fulham clear-out", BBC News, 23 de maio de 2008

Volta ao Lahti O 8 de agosto de 2008 anunciouse que Litmanen volvería ao seu antigo club, o Lahti da primeira división finlandesa polo resto da tempada 2008. Xogou un papel importante para que o Lahti rematase terceiro na liga e se cualificase para Europa por primeira volta na súa historia.

De novo o HJK O 20 de abril d 2011, Litmanen asinou un contrato por un ano co campión finlandés, o HJK, con 40 anos, converténdose nun dos poucos xogadores profesionais que xorgaron en catro décadas diferentes (1980s – 2010s). Normalmente xogaba como substituto entre 10 e 30 minutos por encontro. O 29 de outubro de 2011, Litmanen celebrou o seu partido 200 de liga e foi o último partido que xogou como profesional.

Carreira internacional dereita|miniatura|Litmanen despois do seu derradeiro partido internacional, xogado en novembro de 2010 contra San Marino Litmanen fixo o seu debut internacional o 22 de outubro de 1989 contra Trinidad e Tobago, e marcou o seu primeiro gol o 16 de maio de 1991 contra Malta. Litmanen serviu como capitán de Finlandia de 1996 a 2008. O 17 de novembro de 2010, Litmanen converteuse no xogador de máis idade en marcar con Finlandia.

Goles internacionais

Nº. Data Equipo de casa Equipo visitante Goles Puntación Resultado Estadio Competición 1. 16 de maio de 1991 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Malta 87' 2–0 2–0 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Clasificación para a Eurocopa de 1992 2. 25 de marzo de 1992 ligazón=|alt=|borda|23x23px Escocia ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 41' 1–1 1–1 Empata Hampden Park, Glasgow Amigable 3. 13 de outubro de 1993 ligazón=|alt=|borda|23x23px Suecia ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 60' 3–2 3–2 Perde Råsunda Stadium, Estocolmo Clasificación para o Mundial de 1994 4. 16 de novembro de 1994 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|21x21px Illas Feroe 53' 2–0 72' 3–0 5–0 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Clasificación para a Eurocopa de 1996 5. 6. 29 de marzo de 1995 ligazón=|alt=|borda|20x20px San Marino ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 45' 0–1 0–2 Gaña Stadio Olimpico, Serravalle Clasificación para a Eurocopa de 1996 7. 11 de xuño de 1995 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Grecia 45+1' 1–1 (pen.) 2–1 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Clasificación para a Eurocopa de 1996 8. 2 de xuño de 1996 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Turquía 25' 1–0 1–2 Perde Estadio Olímpico de Helsinqui Amigable 9. 2 de febreiro de 1997 ligazón=|alt=|borda|23x23px Turquíaligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 17' 0–1 1–1 Perde Estadio Atatürk, Denizli Amigable 10. 2 de abril de 1997 ligazón=|alt=|borda|23x23px Azerbaidjánligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 26 ' 0–1 1–2 Gaña Tofik Bakhramov Stadium, Baku Clasificación para o Mundial de 1998 11. 8 de xuño de 1997 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Azerbaidján 65' 2–0 3–0 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Clasificación para o Mundial de 1998 12. 6 de setembro de 1997 ligazón=|alt=|borda|16x16px  Suízaligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 16' 0–1 1–2 Gaña Stade Olympique de la Pontaise, LausanneClasificación para o Mundial de 1998 13. 14 de outubro de 1998 ligazón=|alt=|borda|23x23px Turquía ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 90+6' 1–3 1–3 Gaña Estadio Ali Sami Yen, Istanbul Clasificación para a Eurocopa de 2000 14. 29 de marzo de 2000 ligazón=|alt=|borda|23x23px Galesligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 21' 0–1 1–2 Gaña Millennium Stadium, CardiffAmigable 15. 16 de agosto de 2000 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|21x21px Noruega 24' 1–0 61' 2–1 3–1 Gaña Estadio Finnair, Helsinqui 2000–01 Nordic Football Championship 16. 17. 2 de setembro de 2000 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|21x21px Albania 45 ' 1–0 2–1 Gaña Estadio Finnair, HelsinquiClasificación para o Mundial de 2002 18. 15 de agosto de 2001 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Bélxica 3–0 (pen.) 4–1 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Amigable 19. 5 de setembro de 2001 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Grecia 53' 5–1 5–1 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Clasificación para o Mundial de 2002 20. 27 de marzo de 2002 ligazón=|alt=|borda|23x23px Portugalligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 41' 1–3 53' 1–4 1–4 Gaña Estádio do Bessa, Porto Amigable 21. 22. 30 de abril de 2003 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|21x21px Islandia 55' 1–0 (pen.) 3–0 Gaña Myyrmäen jalkapallostadion, VantaaAmigable 23. 31 de abril de 2004 ligazón=|alt=|borda|23x23px Maltaligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 86' 0–2 1–2 Gaña Estadio Nacional Ta' Qali, A ValetaAmigable 24. 28 de maio de 2004 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Suecia 8' 1–0 (pen.) 1–3 Perde Estadio Ratina, Tampere Amigable 25. 26 de marzo de 2005 ligazón=|alt=|borda|23x23px República Checaligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 46 ' 2–1 4–3 Perde Na Stínadlech, TepliceClasificación para o Mundial de 2006 26. 2 de setembro de 2006 ligazón=|alt=|borda|23x23px Polonialigazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 54' 0–1 76' 0–2 (pen.) 1–3 Gaña Estadio Zdzisław Krzyszkowiak, BydgoszczClasificación para a Eurocopa de 2008 27. 28. 11 de outubro de 2006 ligazón=|alt=|borda|23x23px Kazakhstánligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 29' 0–1 0–2 Gaña Estadio Central de Almati, AlmatiClasificación para a Eurocopa de 2008 29. 6 de febreiro de 2008 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|23x23px Grecia 66' 1–0 1–2 Perde Estadio GSP, NicosiaAmigable 30. 26 de marzo de 2008 ligazón=|alt=|borda|23x23px Bulgarialigazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 22' 0–1 (pen.) 2–1 Perde Estadio Nacional Vasil Levski, SofíaAmigable 31. 9 de setembro de 2009 ligazón=|alt=|borda|23x23px Liechtensteinligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia 74' 0–1 (pen.) 1–1 Empate Rheinpark Stadion, VaduzClasificación para o Mundial de 2010 32. 17 de novembro de 2010 ligazón=|alt=|borda|23x23px Finlandia ligazón=|alt=|borda|20x20px San Marino 71' 6–0 (pen.) 8–0 Gaña Estadio Olímpico de Helsinqui Clasificación para a Eurocopa de 2012

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Lahti Categoría:Futbolistas de Finlandia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do FC Hansa Rostock Categoría:Xogadores do Malmö FF Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Finlandia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA