miniatura|Debuxo dun pene no que se aprecian os corpos cavernosos e o corpo esponxoso. O corpo esponxoso é a máis pequena das tres columnas de tecido eréctil que se atopan no interior do pene (as outras dúas son os corpos cavernosos). Está situado na parte inferior do peneEntrada "corpo" no Dicionario Galego de Termos Médicos, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Santiago de Compostela, 2002..

Fisioloxía A súa función é evitar que, durante a erección, se comprima a uretra (o conduto polo que se expulsan tanto o seme como os ouriños). Cando o pene se atopa nese estado, contén soamente o 10 % do sangue, xa que os corpos cavernosos absorben o 90 % restante.

Existen estruturas e funcións correspondentes no clítoris das mulleres.

O glande é a derradeira porción e a parte máis ancha do corpo esponxoso.

Véxase tamén

Bibliografía Welsch, Ulrich. Histología. Editora Médica Panamericana, 2006. 2ª edición. "Cuerpo esponjoso". Páxina 498.

Outros artigos Glande Prepucio Corpos cavernosos Pene

Notas

Categoría:Aparato reprodutor masculino