Xoán X, nado en Tossignano no ano 860 e finado en Roma no 928, foi papa de 914 a 928.

Traxectoria Bispo de Boloña, despois, en 905, arcebispo de Rávena. Foi elixido papa en 914 por influencia da familia de Tusculum.

Durante o seu pontificado, organizou unha liga italiana contra os sarracenos. No 915, coroou emperador a Berengario de Friúl, á volta desa liga contra os musulmáns.

Foi encarcerado e logo seguramente envenenado (segundo outras versións afogado) por orde de Marozia, duquesa de Spoleto. O seu sucesor foi elixido cando el estaba aínda vivo.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 928 Categoría:Nados en 860