Luca Chao Pérez, nada en Lugo en 1988, é unha política galega de En Marea.

Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (2011) e máster Oficial en Migracións Internacionais (2012). Investigadora no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade da Coruña e membro do Equipo de Socioloxía de Migracións Internacionais, onde impartiu clase e traballou na súa tese doutoral sobre a participación política dos descendentes do exilio republicano. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea e voceira do seu grupo parlamentario. Tamén exerce labores de consultaría para o sector público e colabora con medios como Nós Diario e Público.

Obra

Feminismo en cen palabras (2023). Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-9151-970-6. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes