O Cotentín (en francés Le Contentin) é unha península francesa situada na rexión de Normandía e que se corresponde globalmente cos límites do antigo país normando do mesmo nome, na antigüidade chamado tamén Pagus Constantiensis (país de Coutances).
É unha parte do macizo Armoricano que se estende entre o estuario do río Vire e a baía do Monte Saint-Michel, no límite coa Bretaña.
A península do Cotentín forma parte do departamento da Mancha.
Categoría:Penínsulas de Europa Categoría:Xeografía de Francia