Georgi Avetisoviç Keçaari (en ), nado en Nic en 1930, e finado na súa localidade natal en 2006, foi un escritor azerí en udi e azerí.

Traxectoria Especializouse en estudos orientais na Universidade Estatal de Bakú. Tras graduarse volveu á súa localidade natal como mestre da escola. Durante moito tempo foi o responsable da sociedade cultural e educativa udi, Orayin.

Obra Autor de varios libros e artigos sobre a lingua udi, é o pai da literatura moderna en udi logo dun tímido espertar na década de 1930Wolfgang Schulze "Vier neuere udische Texte" Georgica - Zeitschrift für Kultur, Sprache und Geschichte Georgiens und Kaukasiens Herausgeber, nº 32 (2009), e mais é un dos creadores do novo alfabeto udi de base latina. Tamén axudou a establecer o programa de udi para a a escola primaria e a realización de textos para os alumnos.

Obras Nana ochalКечаари Жора, «Нана очъал». Шеирхо, гьекйаьтхо. Баьку, 1996. (Кечаари Жора «Нана очал», Баку, 1996)(1996), colección de traducións de traballos de diversos autores sobre a lingua udi OrayinKeçaari Ҝeorgi «Orayin», Bakı, 2001. (Кечаари Г. А. «Орайин», Баку, 2001) (2001), colección de textos do folclore udi (contos, lendas, proverbios, brincadeiras) e obras de diversos autores. BuruxmuxKeçaari Ҝeorgi «Buruxmux», Gәncә, 2003. (Кечаари Г. А. «Бурухмух»,Гянджа,2003) (2001) escolma de máis de 150 autores da literatura azerí traducidos ao udi e obra orixinal udi de Kechaari Ocaq başında rəqs(2002), colección de folclore udi (2002, en azerí) Udinlərdə ənənəvi toy mərasimləri, traballo etnográfico sobre as vodas udi (2003, en azerí)

Notas

Categoría:Escritores en lingua azerí Categoría:Escritores de Azerbaidján Categoría:Filólogos de Azerbaidján Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Escritores en lingua udi Categoría:Tradutores Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Bakú Categoría:Nados en Azerbaidján