Valentin Adama "Dio" Diomandé , nado en Oslo o 14 de febreiro de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro para o Hull City da Premier League.

Traxectoria Diomandé naceu en Noruega de pais marfileses, como xuvenil xogou para o Holmlia, Vålerenga mais o Lyn. Estudou no instituto para deportistas Norges Toppidrettsgymnas, e logo tamén ciencia deportiva no Instituto Ulsrud.

Sénior Diomandé fixo o seu début sénior o 19 de outubro de 2008 contra o Hamarkameratene, como substituto no minuto 86. Xogou un encontro máis en 2008 e outro máis en 2009. Na tempada 2012 entrou no Skeid. O 26 de marzo de 2015, Diomandé firmou por dous anos e medio co Stabæk. E o 1 de setembro de 2015 pasou á liga inglesa ao fichar co Hull City da segunda división. Por mor dunha lesión non fixo a súa estrea ata o 12 de decembro substituíndo no minuto 77 a Chuba Akpom, nunha vitoria por 1 a 0 contra do Bolton Wanderers. Diomandé fixo a súa estrea na Premier League o 13 de agosto de 2016, marcando un gol nunha derrota contra o Leicester City.

Carreira internacional A Diomandé convocárono por primeira volta para a selección absoluta norueguesa en xuño de 2015, debutando o 12 dese mes como substituto de Joshua King no minuto 79 nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2016 contra Azerbaidján.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Hull City AFC Categoría:Xogadores do IL Hødd Categoría:Xogadores do FC Lyn Oslo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Strømsgodset IF Categoría:Nados en Oslo Categoría:Xogadores do Skeid Fotball Categoría:Xogadores do Stabæk Fotball Categoría:Xogadores do FC Dinamo Minsk