Marcelo II (latín: Marcellus PP II), nado en Montefano (As Marcas) o 6 de maio de 1501 e finado en Roma o 1 de maio de 1555, foi un relixioso italiano, nomeado en 1555 o papa n.º 222 da Igrexa católica.
Traxectoria De nome Marcello Cervini de Spannocchi, tras estudar en Siena trasladouse a Roma para continuar a súa formación. En 1539 é nomeado bispo de Nicastro e posteriormente cardeal presbítero de Santa Cruz en Xerusalén. Durante o Concilio de Trento, será un dos legados papais que defendan os intereses papais fronte ao emperador Carlos V.
O seu breve pontificado, de tan só vinte e dous días, impediulle emprender as reformas necesarias para que a Igrexa puidese facer fronte aos problemas luterano e anglicano que dividía o cristianismo.
Categoría:Papas Categoría:Nados en 1501 Categoría:Finados en 1555