Lotario I, nado en 795 en Prüm, (na actual Renania-Palatinado), e finado o 2 de marzo de 855, foi emperador do Imperio carolinxio (ou de Occidente).

Traxectoria Lotario era o fillo máis vello do emperador Lois o Piadoso. Á morte deste, foille concedida a autoridade imperial por dereito de primoxenitura pero, seguindo a tradición franca do seu pai, viu necesario dotar dunha parte do Reino a cada un dos seus fillos.

O imperio repartiuse entón entre Lotario, Lois o Xermánico e Carlos o Calvo, sendo estes dous últimos mordomos ao cargo de provincias do imperio (Carlos o Calvo tomaría o control de Borgoña e Normandía, mentres que a Lois o Xermánico se fixo responsábel do control de Baviera e Saxonia).

Aos irmáns, ditas posesións non lles pareceron suficiente polo que decidiron aliarse contra o irmán máis vello polos Xuramentos de Estrasburgo na súa determinación de non verse sometidos á vontade imperial de Lotario.

A fin de dita potestade chegaríalle a Lotario no tratado de Verdún, no que o Imperio quedaría divido en tres partes, aparecendo xa os futuros territorios das actuais Francia e Alemaña.

Matrimonio e descendencia En outubro de 821, en Thionville, Lotario casou con Ermengarda, filla do conde de Tours, Hugo de Alsacia, coa que tivo os seguintes fillos: Lois II o Mozo (ca. 825 - 875). Emperador de Occidente (855-875). Casou con Engelberga. Ermengarda (ca. 825/830 - † ca. 865/866). Casou con Gisleberto de Maasgau (820-875). Lotario II de Lotarinxia (ca. 835 - 869). Casou en primeiras nupcias con Teutberga, e despois, en segundas nupcias con Waldrade. Hiltruda ou Helletrude (ca. 826 - ca. 865/866). Casou cun conde chamado BerengarioLe Gendre, Histoire de France, tomo 8, p. 41.. Rotruda. Carlos da Provenza (ca. 845 - 863). Rei da Provenza (855-863). Xisela (ca. 830 - 860). Foi abadesa de San Salvador de Brescia. Berta (ca. 830 - 7 de maio de 852, ou despois de 877). Foi abadesa de Avenay en Champaña.

Dunha amante chamada Doda tivo a: Carlomán (ca. 853 - ?).

Antepasados miniatura|290px|Territorios xurdidos do tratado de Verdún.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Devic, Claude e Vaissette, Joseph (1872): Histoire générale de Languedoc. Toulouse: Édouard Privat. (Ver outras edicións e Google Books Vol. 1 (1840), Vol. 2 (1840), Vol. 3 (1841), Vol. 4 (1749), Vol. 5 (1842), Vol. 6 (1843), Vol. 7 (1843), Vol. 8 (1844), Vol. 9 (1845)).

Outros artigos Lotarinxia. Tratado de Verdún.

Ligazóns externas Lothaire I Emperor en Projects/MedLands . Consultada o 13 de novembro de 2016. Xenealoxía dos carolinxios en genealogy.euweb.cz. Consultada o 13 de novembro de 2016. Lothair I na Encyclopædia Britannica, Volume 17, ed. de 1911. Consultada o 13 de novembro de 2016. Cartas de Lotario I con tradución ao inglés. Consultada o 13 de novembro de 2016.

Categoría:Imperio carolinxio Categoría:Século VIII Categoría:Século IX Categoría:Nados en 795 Categoría:Finados en 855