Baltasar Lopes da Silva, coñecido tamén co pseudónimo de Osvaldo Alcântara e co alcume Nho Baltas, nado o 23 de abril de 1907 na fegresía de Caleijão na Illa de São Nicolau e finado o 28 de maio de 1989 en Lisboa, foi un escritor e lingüista caboverdiano.

Traxectoria Estudou filoloxía e dereito na Universidade de Lisboa, de volta para Cabo Verde foi profesor na Illa de San Vicente , en 1936 con Manuel Lopes e Jorge Barbosa, fundou a revista Claridade, fundamental para a literatura caboverdiana.

É o autor de Chiquinho, que é considerada a novela máis importante da literatura caboverdiana.

Morreu en Lisboa a onde se desprazara para tratar unha doenza cerebral-vascular.

Obra Chiquinho, 1947 (novela) Cabo Verde visto por Gilberto Freyre, 1956 O dialecto crioulo de Cabo Verde, 1957 (ensaio) Antologia da Ficção Cabo-Verdiana Contemporânea, 1961 Cântico da manhã futura, 1986 (Baixo o pseudónimo de Osvaldo Alcântara) Os trabalhos e os dias, 1987 (contos)

Véxase tamén Ligazóns externas Chiquinho Literatura caboverdiana

Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Cabo Verde Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Cabo Verde