Kenya Airways é a aeroliña nacional de Kenya. A compañía fundouse en 1977 tras a disolución de East African Airways. A súa sede atópase en Embakasi, Nairobi, e o seu centro de conexións é o aeroporto Internacional Jomo Kenyatta.
A aeroliña pertenceu na súa totalidade ao goberno de Kenya ata abril de 1995 e foi privatizada en 1996, converténdose na primeira aeroliña nacional africana en facelo con éxito. No presente Kenya Airways é unha sociedade público-privada. O seu maior accionista é o goberno de Kenya, cun 29,8% das accións, seguido de KLM, que ten un 26,73% da compañía.
Kenya Airways está considerada un dos operadores subsaharianos líderes; en xaneiro de 2013 foi a cuarta aeroliña africana por capacidade de asentos, tras South African Airways, Ethiopian Airlines e EgyptAir. A aeroliña converteuse en membro da alianza SkyTeam en xuño de 2010 e é tamén membro da Asociación de Aeroliñas Africanas sende 1977. African Airlines Association since 1977.
En novembro de 2021, asinouse nun marco de colaboración estratéxica (SPF), durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as oportunidades de carga e o comercio en xeral aproveitando os puntos fortes de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.
Frota En novembro de 2016 a frota de Kenya Airways estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Kenya AirwaysAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalBoeing 737-3002—16100116Boeing 737-7004—16100116Boeing 737-8008—16129145Boeing 777-200ER4—28294322Boeing 777-300ER3—28372400Boeing 787–87—30204234Dous serán alugados a Oman AirEmbraer ERJ-19015—128496Boeing 737-300F2—CargaTotal45—
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:Aeroliñas de Kenya Categoría:SkyTeam