Joaquín Rodríguez Barbeito, nado nas Neves cara 1902, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Factor do ferrocarril instalado en Arbo. Na República foi presidente da Sociedad de Oficios y Profesiones varias de Arbo y sus contornos.El Pueblo Gallego, 20-1-1932, p. 9. Logo foi secretario da Casa do Pobo de Arbo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de setembro no calabozo de Arbo, pasou ao lazareto da illa de San Simón e foi xulgado en Vigo por rebelión militar, resultando con sobresemento provisional. Enviado a un batallón disciplinario, despois pasou pola campo de concentración de Sans Marco de León e rematou no cárcere da Coruña, de onde saíu en liberdade provisional o 18 de febreiro de 1939.
Vida persoal Casou con Delfina Gómez González e foi pai de Manuel Rodríguez Gómez.El Eco del Condado, 10-4-1929, p. 3.
Notas
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1902 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes