Compagnie des Messageries Aériennes foi unha pioneira aeroliña francesa que operou entre 1919 e 1923, condo se fusionou con Grands Express Aériens para formar Air Union.
Historia A Compagnie des messageries aériennes foi fundada en febreiro de 1919 por Louis-Charles Bréguet. Outros fundadores foron Louis Blériot, Louis Renault e René Caudron. A súa primeira ruta comercial, un servizo de correo e carga entre o aeroporto de Le Bourget, en París e o aeroporto de Lille comezou o 18 de abril de 1919 usando Breguet 14 que pertenceran ao exército. En agosto iniciouse un servizo a Bruxelas e o 19 de setembro un servizo internacional de pasaxeiros entre Le Bourget e Londres (ao aeródromo Hounslow Heath) usando tamén os Breguet 14.
A compañía fusionouse coa aeroliña Grands Express Aériens para formar Air Union o 1 de xaneiro de 1923.
Accidentes e incidentes O 13 de marzo de 1923, o Farman F.60 Goliath F-AEIE saíuse da pista no aeroporto de Croydon e chocou cun edificio. O avión sería reparado e regresou ao servizo. O 3 de decembro de 1923, o Goliath F-AEIF, que podería estar operado por CMA, estrelouse no aeródromo de Littlestone, en Kent.
Frota Breguet 14 (2 pasaxeiros) Farman F.60 Goliath (12 pasaxeiros, 15 avións) Blériot-SPAD S.27 (2 pasaxeiros, 10 avións) Blériot-SPAD S.33 (5 pasaxeiros, 15 avións)
Véxase tamén Bibliografía Bluffield, Robert. 2009. Imperial Airways - The Birth of the British Airline Industry 1914-1940. Ian Allan ISBN 978-1-906537-07-4 Sherwood, Tim. 1999. Coming in to Land: A Short History of Hounslow, Hanworth and Heston Aerodromes 1911-1946. Heritage Publications (Hounslow Library) ISBN 1-899144-30-7
Categoría:Aeroliñas de Francia