Alfonso Alonso Portugués, nado en Mourentán (Arbo) en 1903, e finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Tiña un viveiro na súa casa do Urzal (Barcela). Apaixonado da música, tocaba na antiga Banda de Música de Arbo e tamén o órgano na igrexa de Arbo. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Telmo Rodríguez Alonso, concelleiro de “Izquierda Republicana”, vilmente asasinado na Volta do Couto, Tenorio, en novembro de 1936 5/12/2016.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1903