Huila é un dos 32 departamentos de Colombia e atópase na rexión natural andina. A súa capital é Neiva, considerada como unha das cidades máis importantes do sur de Colombia. Foi creado pola lei 46 do 29 de abril de 1905, constituído pola provincia de Neiva e a do sur, pertencentes ó antigo Estado Soberano do Tolima. O 15 de xuño do mesmo ano, iniciou a súa vida independente baixo a administración do doutor Rafael Puyo Perdomo.

A superficie do departamento é de 19 890 km2 que representa tan só un 1,74% da superficie total do país. De acordo co DANE, posúe unha poboación estimada de 1 168 910 habitantes; atópase dividido en 37 concellos, así como numerosos casaríos e sitios poboados.

Demografía

Composición étnica Mestizos e brancos (98,43%) Indíxenas (1,11%) Afrocolombianos (0,46%)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Huila Categoría:Departamentos de Colombia