"Veles e vents" (en ) é un poema de Ausiàs March, (Valencia, 1400 - Valencia, 3 de marzo de 1459) poeta e cabaleiro valenciano medieval.
Sinopse Relata a historia dunha viaxe dende Italia a Valencia na procura da amada. O autor quérea mais non sabe se o seu amor é correspondido. No traxecto corre grandes perigos e pide axuda aos ventos para chegar a terra. Máis alá desta interpretación, tamén significa o amor e a invocación dos ventos provenientes de terras onde reina a cultura (siroco, levante, etc), a civilidade (o gregal e o ostro, etc) e o catalanismo (a tramontana).
Estrutura O autor emprega o decasílabo clásico catalán, tamén chamado ausiasmarquià, de estrutura 4+6. Os versos son de arte maior e de rima consonante. Tamén se atopan sinalefas (exemplos: io en, no en, si atur, ...) e hiatos (exemplos: sia, faent).
O poema na cultura popular Foi musicado e interpretado por varios autores. Así, Raimon incluíuno xa en 1970 nun sinxelo, de xeito que con está canción comeza a súa primeira musicación de Ausiàs March e no mesmo ano vólveo sacar no disco Per destruir aquell qui l'ha desert. Posteriormente, foi retomado numerosas veces polo mesmo Raimon e por Toti Soler con Ester Formosa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Raimon canta Veles e vents en YouTube.
Categoría:Obras literarias en catalán Categoría:Obras literarias do século XV