O voo 062 de Iberia era un voo regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Málaga e o aeroporto de Londres-Heathrow. O 4 de novembro de 1967 o Sud Aviation Caravelle que operaba a ruta, con rexistro EC-BDD, descendeu moi por debaixo do nivel de voo asignado para a aproximación e bateu contra a ladeira sur de Blackdown Hill en West Sussex, matando os 37 ocupantes do aparello.

Accidente A hora do accidente foi aproximadamente as 10:02 pm, uns 5 minutos e medio despois de que o avión fose autorizado a descender de FL110 (11 000 pés) a FL60 (6 000 pés). Voando a unha baixa taxa de descenso, o Caravelle primeiro recurtou árbores preto de Black Down House, posteriormente atravesou un gran seto e atravesou un prado matando 65 ovellas e ferindo outras 23. O avión foise desintegrando, esnaquizando un garaxe e danando partes do tellado de Upper Black Down House.

O combustible causou pequenos lumes na ladeira arborada e os restos do avión quedaron espallados ao longo dos 325 metros polos que se arrastrou.

Investigación A investigación non puido determinar o motivo polo que o avión descendeu do seu nivel de voo asignado. As gravacións de son tomadas do control de tráfico aéreo e da gravadora de voces da cabina non revelaron nada infrecuente. A investigación declarou que "non se atopou ningunha proba de ningún fallo ou defecto de antes do accidente na estrutura do avión, ou algún defecto de man de obra".

O informe da investigación centrouse moito na posibilidade de que a tripulación puidese malinterpretar os seus altímetros de "tres punteiros", que estaban deseñados para advertir aos pilotos cun indicador de trama cruzada cando a altitude estaba por debaixo dos 10 000 pés. Un extracto do informe dicía:

Vítimas Entre os mortos estaba a actriz de cine e televisión británica June Thorburn, que estaba embarazada de cinco meses. Outros personaxes destacados eran o industrial e vicepresidente do Coventry City Football Club John Clarkson, e Donald "Doc" Campbell da Campbell Aircraft Company, fabricante de autoxiros.

Hi unha fosa común e un monumento conmemorativo para 19 dos falecidos a 28 km ao norte do lugar do accidente, no cemiterio de Brookwood, Surrey.

Notas

Iberia Iberia Iberia 0062