miniatura|Auditorio de Galicia pola noite. miniatura|Logo. O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.
Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.
Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.
Salas O Auditorio de Galicia presenta catro salas: Sala Ángel Brage É a sala principal do auditorio. Trátase dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos.
Sala Mozart É unha pequena sala con capacidade para 260 espectadores destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas.
Sala Isaac Díaz Pardo Este é un espazo de 1.000 m² de forma irregular destinado ás exposicións.
Sala Circular É a máis pequena das salas. Ten capacidade para 50 persoas, está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.audiotoriodegalicia.com Localización
Categoría:Auditorios de Galicia Categoría:Teatros de ópera de Galicia Categoría:Real Filharmonía de Galicia Categoría:Teatros de Santiago de Compostela