Santiago de Ribas Pequenas é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 127 habitantes (73 homes e 54 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: A Áspera, Chorente, A Eirexa, A Gándara, O Souto e A Veiga, o que supón unha pequena diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 144 habitantes.
Limita coas parroquias de Ver e Mosteiro ao norte, Pino ao leste, A Parte e Valverde ao sur, e Vilalpape ao oeste.
Patrimonio miniatura|Igrexa parroquial. miniatura|Muíño. miniatura|Demarcación e lindes entre Ribas Pequenas e o couto e freguesía de San Pedro de Valverde, c. 1734. A igrexa parroquial, foi reconstruída no século XVII. Edificio de planta rectangular con muros de cachotería de lousa e cuberta, de madeira e lousa a dúas augas. No seu interior distribúense dúas naves, comunicadas por dous arcos de medio punto. Casa do Coronel. Situada no lugar de Souto; edificio con planta de U, ó redor dun patio pechado, con muros de cachotería en lousa e cuberta, a catro augas, en madeira e lousa. Na súa fachada hai un escudo, de aparencia recente, coas armas dos Somoza. O Refuxio da Coruxa, situado na Veiga, trátase dun edificio de planta en L, estruturado ó redor dun patio pechado. Muíño de Maseda, actualmente en funcionamento. Muíño movido pola corrente de auga procedente do río Mao.
Festividades As festas da parroquia celébranse o 7 de setembro na honra da Virxe dos Remedios.
Lugares e parroquias Lugares de Ribas Pequenas
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior