Maria (en ) é unha novela sen rematar da escritora británica Mary Wollstonecraft, secuela do seu tratado político revolucionario Vindicación dos dereitos da muller (1792). William Godwin, o seu esposo, publicou Maria de xeito póstuma en 1798, e a obra está considerada como a máis radicalmente feminista da autora.Taylor, capítulo 9; Sapiro, 37; 149; 266.

A novela, tanto filosófica coma gótica, narra a historia dunha muller internada polo seu marido nun hospital psiquiátrico. Céntrase nos «agravios sufridos pola muller» a nivel social máis ca individual, e critica o que Wollstonecraft consideraba como a institución patriarcal do matrimonio na Gran Bretaña do século XVIII e ao sistema legal que a protexía. Con todo, a incapacidade da protagonista para renunciar ás súas fantasías románticas tamén acusa as mulleres de ser propensas a sumirse nun sentimentalismo falso e daniño. A novela foi pioneira na celebración da sexualidade feminina e na identificación entre mulleres de distintas clases. Devanditas temáticas, xunto coa publicación do escandaloso libro de Godwin titulado Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller), que tratou sobre a vida de Wollstonecraft, provocaron que a novela non fose popular na época da súa publicación.

As críticas feministas do século XX analizaron a obra e integrárona na historia da novela e do discurso feminista. A meirande parte das veces catalógalla como unha popularización en formato de ficción de Vindicación dos dereitos da muller, como unha extensión dos argumentos feministas de Wollstonecraft en Vindicación e como unha autobiografía.Os biógrafos tales como Wardle e Sunstein baséanse amplamente nalgunhas pasaxes de Maria para interpretar a vida de Wollstonecraft, por exemplo.

Foi traducida ó galego por María Fe González e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2013.

Notas

Véxase tamén Bibliografía —. «Review». Anti-Jacobin Review and Magazine 1 (1798): 91–93. —. «Review». British Critic 12 (1798): 234–235. —. «Review». Monthly Review 27 (novembro de 1798): 325-27. Godwin, William. Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman. Eds. Pamela Clemit y Gina Luria Walker. Peterborough: Broadview Press, 2001. ISBN 1-55111-259-0. Wollstonecraft, Mary. A Vindication of the Rights of Woman. The Vindications. Eds. D.L. Macdonald y Kathleen Scherf. Toronto: Broadview Literary Texts, 1997. ISBN 1-55111-088-2.

Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎ Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1798