San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE, no 2020 eran 29; 13 mulleres e 16 homes.
Toponimia O topónimo é igual no latín vulgar fronte ao clásico : oco, cóncavo.
Patrimonio A igrexa de San Xoán da Cova, románica do século XII, foi declarada en 1850 monumento histórico artístico. A igrexa formou parte dun mosteiro de monxas bieitas de incerta fundación, que chegou a depender de Chouzán. Pola construción do encoro dos Peares tivo que ser trasladada pedra a pedra ata o lugar no que se encontra actualmente.
Ten planta rectangular de nave única con ábsida semicircular, cubríndose respectivamente con madeira e bóvedas de canón e forno. A porta principal está formada por un arco apuntado de tres arquivoltas, sobre tres pares de columnas, no tímpano pódese ler en latín: "Na honra de N.S.X.C. dá B sempre V. María o soldado Pedro García mandou facer de seu esta igrexa".
A porta lateral norte pertence a unha capela que non se trasladou e presenta dobre arquivolta apuntada que se apoia sobre columnas acobadadas. Neste muro está o sepulcro da Abadesa. No interior destaca o arco triunfal moldurado en bocel de media cana con botóns na rosca.
Tralo traslado, a igrexa levántase no lugar de Piñarrostro, actualmente deshabitado. Moi cerca construíuse a nova igrexa da Cova.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Cova
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía