San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. No 2018, segundo o INE, tiña 114 habitantes, 56 mulleres e 58 homes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 65 homes e 63 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (80 mulleres e 70 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes. En 2020 eran 104, 52 mulleres e 52 homes.
Toponimia O topónimo fai referencia a que debeu haber "oleiros", "fabricantes de olas", latín . O Padre Sarmiento apuntaba a enterramentos antigos.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Miguel de Oleiros pertence á segunda metade do século XII, é de estilo románico. No 1205, Afonso IX, fai doazón desta igrexa cos seus cotos.
A capela da Granxa de Oleiros é do século XIX. O bispo de Lugo Benito Murúa López fundou o 4 de abril de 1902 a capelanía do Sagrado Corazón na Granxa..
O padre Nicanor Rielo Carballo estudou a fondo esta parroquia que era maioritariamente ribeira, nome que se lle dá ás viñas de muras ou socalcos na Ribeira Sacra.
Oleiros na cultura popular Oleiros tenche a sona,/ de bon viño e augardente,/ de rapazas bonitiñas,/ e de homes moi valentes. O que queira boas mozas/ que vaia a elas a Soutelo;/ de alí trouxen a miña,/ non ten vergonza nin medo.Rielo Carballo, 88. O colector especifica que se refire ó lugar de Soutelo, da parroquia de Oleiros. Se che peguntan de quen es,/ responde con arrogancia:/ son de San Miguel de Oleiros,/ a terriña da vagancia.Rielo Carballo, 71.
Notas
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Oleiros
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía